PDA

Ver la Versión Completa : Luar Na Lubre


filloeiro
29-Dec-2007, 11:43
He creído conveniente poner los comentarios de su propia pagina y en gallego ,creo que se lo merecen y además no se pierde ese aura de misterio que ofrecen en todos sus discos .
Disfrutarlo .
http://img266.imageshack.us/img266/3548/osondoarjc2.jpg
Primeiro disco do grupo gravado con poucos medios pero que tivo a sua relevancia dentro do panorama do folk galego do momento. Nel estaba incluido o tema O SON DO AR que posteriormente gravou MIKE OLDFIELD.

01 Muiñeira de Niño da Guía – Chascarraschas.
02 Danza de paus – Danza do S. Lucas.
03 Gaivota.
04 Luar na lubre.
05 O son do ar.
06 O berce do sol.
07 A frol da I´Auta.
08 Morrison´s Jig.
09 O mouro.


http://rapidshare.com/files/79323024/O_Son_do_Ar.rar

Beira Atlántica (1990)
http://img266.imageshack.us/img266/4260/beiraatlnticara4.jpg
Traballo no que se pretendía afianzar a irmandade e relación entre os povos celtas. Algunhas das suas pezas forman parte imborrable dos recordos de moitas persoas e aínda hoxe en dia seguen a despertar fondas emocións e sentimentos.

01 Beira atlántica
02 Jig-Muiñeira do Miño-Carballesa
03 Muiñeira de Cabana
04 Danza das burgas
05 Danza de Sta. María de Torás
06 Troquemos muiñeira de Mazaricos
07 Danza de palillos de Anceu-Foliada
08 Highlanders
09 Canción de berce
http://rapidshare.com/files/79323028/beira_atlantica.rar

Ara Solis (1993)
http://img20.imageshack.us/img20/3322/arasolisbi8.jpg
Tendo en conta o vello culto ao sol dos nosos antepasados o grupo preparou este que na súa carreira é o 3º disco. Tivo unha moi boa crítica en Portugal onde foi calificado como "disco imprescindibel" de música folk..
01 Muiñeira de Malpica
02 Dun tempo para sempre
03 O soldado desgraciado
04 Ribeirana- An. Dro
05 Domingo Ferreiro
05 Marcha procesional de Mato
06 Muiñeira de Poio
07 A cidade asulagada (Valses)
08 Muiñeira de Vadeferreiros
09 Nodaiga
10 Muiñeira de Piornedo
11 Albarada
http://rapidshare.com/files/79543920/Ara_Solis.rar


Plenilunio (1997)
http://img246.imageshack.us/img246/5499/pleniluniogk7.jpg
Desde o medio do ceu alumia as mulleres ermas que contan ondas na Lanzada. Dona da fertilidade, raiña do mar e do ventre, compasa os seus ritmos diverxentes e abre-os ao milagre da reprodución na novena onda.

Tamén en Corme as fémeas case espidas buscan o ritmo do seu seo baixo a Lua, vixiadas pola Serpente Alada, ferida cunha cruz no seu lombo.

Ritmo interminábel, água esvarando sobre a pedra. A Lua cria entón a vida vexetal sobre o dolmen e a laxe gravurada, e nasce a ruína. Pedras do monte, fogares de musgo.
01 O son do ar
02 Tu gitana
03 Ao-Tea-Roa
04 Río Xordo
05 Os teus ollos
06 Ronsel
07 Pola Pomte de San Xoán
08 Pandeirada das Fiandeiras de Ramelle
09 Sol de outono
10 Cantiga de Falvan
11 Romance de Bernaldino e Sabeliña
12 Galaecia
http://rapidshare.com/files/79776653/plenilunio.rar


Cabo do Mundo (1999)
http://img174.imageshack.us/img174/6232/cabodomundojc2.jpg
Este disco está adicado ó mar e ó pintor do mar, Urbano Lugrís.
Esta terra sempre foi mar. Antes que os devanceiros levantasen mámoas e castros, as forzas da naturaleza labraron e puliron outeiros monumentais. Nun deles os canteiros antigos ergueron este faro lexendario para alumar a ruta dos tesouros ultramarinos. Ó abrigo do faro, torre amiga da liberdade, naceu a cidade que se foi estendendo po la lingua de area, no arrabaldo da Pescadería. E aquí, onde se espella o mar en brillantes galerías, neceu o pintor, Urbano Lugrís.

A súa vida foi pintura fantástica. Cando naceu o pintor batía o mar bravo contra o murallón do peirao, o mesmo que fora defendido do corsario polas mulleres. Con este son arrolouno súa nai en cantigas de berce. O padriño encheu o maxín do neno coas lendas dos monxes que buscaban o paraíso; o neno soubo axiña de Ero, engaiolado polo pazariño cantor ó pé da fonte, de Brandán, que surcou o océano no lombo dunha balea, de Telmo, señor do trebón, e de Amaro, que alucou o ceo por unha reganduxa. A correr polo outeiro, onde o vento zoa e asubían as sereas dos cons e das furnas, o neno fitou a pedra dos labirintos, laxe gravada que os máis vellos coñecen aínda como o Altar e onde queren ver os primeiros emigrantes. O neno subiu cedo ó faro, onde puido ollar na Marola a mar toda, abrazar o arco atlántico desde a Punta Coietelada ata as illas Sisargas e concibir outras terras. Cara a elas marchaban greas caladas de emigrantes. Dende alén mar tiveron azos para erguernos escolas e modelaren os símbolos do seu reino humilde: a academia da lingua, o himno e a bandeira que, do estandarte deste porto, en tea azul e branca, coseron para podermos cubrir os cadaleitos dos poetas.

Emigrante tamén seu pai, o vello Lugrís forxara A gaita gallega, o primeiro periódico escrito en galego en América; e de alá volveu para impulsar entre nós o teatro, para falarlles por vez primeira abertamente na súa lingua ós labregos, para compartir tertulia en íntima amizade con Eduardo Pondal, o noso bardo. Da boca deste, xa moribundo, o vello Lugrís escoitou o derradeiro salouco: "Décheme unha lingua de ferro e déixoche unha lingua de ouro".

O pintor medrou coas nousas lendas, e acadou silueta de xigante coa xograría que soñou as máis entusiastas empresas, a mesma que foi de ruada con Federico García Lorca, o poeta máis granado.O pintor peregrinou cun teatro de monicreques que facía rinchar cabalos de guerreiras doncelas, asubiar o vento e mover as ondas do mar para abrir as bocas pasmadas dos nenos.

Veu a noite escura e outra emigración, o desterro do que nunca se volve. Lugrís, náufrago, aturou con bohemia a triste realidade dos homes, bebeu o ron dos sargazos, o licor dos mortos. Nunca deixou de ser o neno das buguinas. Fíxose miniador e calígrafo de pulso firme, pintou o que nunca debemos perder. Ninguén coñecía os segredos da cidade coma el, que se mergullaba tralas portas do mar. Das tabernas do porto fixo os museos máis vivos; nos seus muros, entre bocois, estampou tódolos iconos mariños, e con outros argonautas amigos mantivo a Atlántida, a revista do mar, onde co nome de Ulises Fingal recolleu nunha onda a mitoloxía clásica e céltica toda.

Tripulou a nau que o levou na derradeira singradura a outro porto amigo, Vigo, e recolleu preto o son do mar nunha ermida. Repousa onde se albiscan as Illas Cíes, entre as ondas do xograr Martín Códax e os tesouros do Capitán Nemo. Alí van saudalo os chafarís das baleas, nun mar de saudade. Olládeo, se queredes gardar limpo o mar.
01 Crunia Maris
02 Chove en Santiago
03 Raqueiros
04 Devanceiros
05 Nau
06 Romeiro ao lonxe
07 Canteixieire
08 Cantiga de berce
09 O trebón
10 Sereas
11 Heicho de dar
12 De ruada
http://rapidshare.com/files/79543922/Cabo_do_mundo.rar


XV ANIVERSARIO. LO MEJOR DE L.N.L. (2001)
http://img213.imageshack.us/img213/9135/lomejorij5.jpg
Luar Na Lubre presenta o seu novo disco "LO MEJOR DE LUAR NA LUBRE. XV ANIVERSARIO", un álbum moi especial no que o grupo de A Coruña quere celebrar os seus quince anos de carreira con un traballo repleto de sorpresas.

Este disco aunque sea una recopilación tiene 3 temas únicos y unas colaboraciones cojonudas ,
Ismael Serrano ,etc ...
01 Camariñas
02 Grial
03 Tu gitana
04 Nau
05 Terra
06 Chove en Santiago
07 Galaecia
08 O son do ar
09 A frol D´Augoa
10 Pola ponte de San Xoán
11 O trebón
12 Heicho de dar
13 Muiñeira do Miño
14 O berce do sol

http://rapidshare.com/files/80221201/Lo.mejor.de.LNL.part1.rar
http://rapidshare.com/files/80224829/Lo.mejor.de.LNL.part2.rar


Espiral (2002)
http://img299.imageshack.us/img299/4015/espiraljx4.jpg
ESPIRAL sae á rúa en abril do ano 2002, e convirtese así no noso séptimo álbum, cheo de canción coas que esperamos percorrer o mundo e disfrutar coa vosa compañía.

INTRODUCCIÓN
LUAR NA LUBRE

Abonda isto: un anaco de lousa torpe á entrada do túmulo e unha man enrugada que traza curvas. Os seus dedos páxaro asinan a pedra e estenden sobre o camiño hipnótico o pigmento de cobre, arxila e ruda. Escribe astros Ela , a Vella, levanta a frente e arrepón o manto sobre os ombreiros, que lle vai frío.

Pintamos logo unha praia, facemos a marea respirar forte e debruzarse, borrar todo co seu ruxido, a branca escuma. Na realidade foi a nosa pupila quen se moveu dentro das pálpebras, qué máis ten. Falaría escuro o intérprete de soños e códigos antigos; estaría obrigado, en calquera caso, a imaxinar a mesma historia.

O imperio ordena puír o rastro, disolver os signos últimos de resistencia.

Pero a espiral abrira o seu ollo moito antes, desde o profundo. Como un salmón soubo remontar o bronce atlántico e foi varar á cabeceira humilde das camas labregas. Co século novo tomou a gubia e fendeu outra vez no granito, gravouse no lenzo, porque non aspira a ser eterna, senón contemporánea. Igual que a música,igual que Luar na Lubre, non pode nin debe traducirse. Ela é o seu propio sentido.
01 Hai quen di
02 El derecho de vivir en paz
03 Ara Solis
04 Ancares
05 Espiral
06 Cantiga de Sta. María
07 Camiño de Ibias
08 Costa da Morte
09 Devanceiros
http://rapidshare.com/files/79788107/Espiral.rar

Hai un paraiso (2004)
http://img256.imageshack.us/img256/7099/haiunparaisobw8.jpg
Trala emocionante experiencia irlandesa de Espiral, un disco gravado baixo os designios do mítico productor Donald Lunny, Hai un paraíso constitúe un oportuno certificado de maioría de idade. No seu ano número 18, LNL soubo producir o seu álbume máis persoal (o que equivale a dicir o máis colectivo). Concebido aínda baixo a conmoción do Prestige e toda a súa inmensa mancha de podredume, este oitavo lanzamento non oculta nin a dor nin a rebeldía, pero constituúe un esperanzado paso adiante e a asunción dun compromiso vital -acaso máis inquebrantable que nunca- coa terra dos ancestros.

A aparición de Hai un paraíso coincide cunha excelente largometraxe documental sobre o grupo, Un bosque de música, na que o cineasta Ignacio Vilar demostra de forma irrefutable a íntima relación entre a banda, a súa música e esa Galicia misteriosa, máxica e exuberante que se desparrama por costas, vales, montañas e recovecos a millares. Un bosque… gravouse a finaies do verán durante dúas intensas semanas no mosteiro ourensá de O Barco de Valdeorras e converteuse así na mellor posta a punto posible de cara á subseguinte gravación de Hai un paraíso. Con esa película, quenes se namoraran dos sons de Bieito, Rosa e os seus comprenderán aínda mellor que o miragre galego de Luar na Lubre no sería posible en ningún outro rincón do universo.
01 Hai un paraiso
02 O meu país
03 Uah lúa
04 Memoria da noite
05 No mundo
06 Rivadavia
07 Corme
08 Achégate
09 Cantigas Alfonso X
10 Versos de luz
11 Pando
12 Uah lúa (Remix-Bonus track)
13 Hai un paraiso (Remix Carlos Jean - Bonus track)
http://rapidshare.com/files/79795391/Paraiso.rar


Saudade (2005)
http://img183.imageshack.us/img183/5200/saudadeoq9.jpg
Os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida na Galiza, na emigración e no exilio americano. Descubriron neste continente a súa identidade prohibida, negada, e paradoxas da vida, aqueles que a prohibían, que a negaban, perderon a súa ao chegaren a América, onde todos, pasaron a ser chamados "gallegos".

Aseguraba Unamuno que España non se podía entender sen América; eu engadiría, e América, podería entenderse sen España? Coido que si, aínda que tamén coido que Galiza e América non se poden entender unha sen a outra, e proba diso é o exemplo anterior no que séculos de colonización castelá só serviron para chamar ao resto dos españois polo que non eran: "gallegos".

Rosalía chamáballes a atención aos feros casteláns, que trataban aos galegos que ían á sega como negros. Como negros e negras marcharon os galegos/as por millóns a América. Como exiliados políticos e económicos. Pero ao bo dicir dun amante incondicional de Galiza como Alejo Carpentier, non é senón en América onde por vez primeira a palabra liberdade tomou entidade real, para deixar de ser unha entrada enciclopédica na Francia do racionalismo, atribuída á capacidade de facer algo e non a podelo facer, tal cal fixeron os americanos e os galegos en América.....
01 Desterro
02 Olla meu irmao
03 Cantiga do neno da tenda
04 Danza dos esqueletes
05 Domingo Ferreiro
06 Miña Nai
07 Pandeirada do Che
08 Lonxe da Terriña
09 Nova Galicia
10 Teu nome, Amarante
11 Galego guajiro
12 Saudade
13 Tu Gitana
http://rapidshare.com/files/72339151/Saudade.rar


Camiños da fin da terra (2007)
http://img183.imageshack.us/img183/3444/camiosdafindaterraqb3.jpg
SE AS CIDADES SON LIBROS QUE SE ESCRIBEN COS PÉS, a historia de Galicia é unha sinfonía xurdida da vontade de Luar Na Lubre.

E aquí si cómpre explicarse, porque temos a fortuna de gozar dun dos colectivos musicais máis interesantes que poidamos soñar, capaces de espertar os personaxes que marcaron a identidade e o devir, e recuperar as paisaxes polas que transcorreu esta historia anterior a nós.

A fin de contas, hoxe non existe ningún galego que non se sinta filla ou fillo de Breogán e que non albisque o horizonte na mesma dirección e coa mesma paixón que Ith, aínda sabendo que as lendas populares poden ser ou non ser.

E se non, escoita!....O seu son empúrrate e mergúllate nas historias máis incribles acontecidas en terras galegas e na imaxinación das súas xentes: LUAR NA LUBRE...
01 Os animais
02 Britonia
03 Maria Soliña
04 Gerdundula
05 Canto de andar
06 Pousa
07 Meighallo
08 Centeás
09 O son das augas
10 Danzando nos confíns
11 Ecos do alén
12 A fonte das boliqueiras
13 A barca de pedra
14 A viaxe de Ero
http://rapidshare.com/files/72123015/Luar.rar

Estos dos últimos discos yo los tengo posteados por separado y ahora los pongo aquí ,
Juntitos .El link es el mismo .

filloeiro
31-Dec-2007, 08:59
Colocados los links que faltaban .
Ya está enterita la discografia .
Un saludo .

Genitorturex
18-Feb-2008, 16:55
muy muy buen aporte se te agradece ¡¡^^